O Concello de Ponteceso felicitou o Día de Galicia ós seus veciños cun vídeo no que Manuel Nicolás Caridad López, natural de Tella, interpreta o himno galego coa súa gaita dende o alto do Monte Branco, coas súas espectaculares vistas da desembocadura do Anllóns.
“Este 25 de xullo, día de Galicia, soa o noso himno ben fondo, non só en toda Galicia, senón tamén en cada unha das galegas e galegos que están lonxe da súa terra e, aínda que cada un é diferente, cando soan todos xuntos soa un só”, destaca o Concello.
Ademais, acompaña o seu vídeo e a felicitación con dúas estrofas do himno, escrito polo pontecesán Eduardo Pondal.