O Concello de Vimianzo organiza catro andainas para descubrir o municipio

A primeira das catro rutas, "Os segredos do Val de Vimianzo", será este mesmo domingo e é posible anotarse na web do Concello
El cartel de "Recunchos Verán 22" | CONCELLO DE VIMIANZO
El cartel de "Recunchos Verán 22" | CONCELLO DE VIMIANZO

O Concello de Vimianzo promove o programa de andainas «Recunchos verán 2022», con catro xornadas que darán comezo este domingo coa saída «Os segredos do Val de Vimianzo», unha ruta circular de 14 quilómetros con punto de inicio na praza do Concello.

Poderase realizar a inscrición a través da web do Concello e recoméndase levar comida, bebida e calzado e roupa axeitados. A segunda actividade terá lugar o 10 de setembro nos Penedos de Pasarela e Traba, con 8 quilómetros de percorrido e saída dende Pasarela.

A terceira destas xornadas será o día 18 de setembro no Vieiro Fidalgo, con saída dende a igrexa de Berdoias e cun percorrido circular de 9 quilómetros de distancia. Por último, pechará o ciclo a andaina pola Vía Mariana, o día 24 de setembro, cunha lonxitude de 13 quilómetros e con saída tamén na igrexa de Berdoias. O Concello porá a disposición da veciñanza para esta última un autocar ata o punto de inicio.

O horario de saída será sempre ás 10:00 horas da mañá, estimándose a hora de chegada ás 14:00 horas, aínda que esta previsión pode variar en función dos quilómetros de cada andaina. No caso da participación de menores de idade, estes deben ir acompañados dun adulto e con autorización paterna ou materna.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.