A Casa Dopeso pontesa acolleu a estrea da curtametraxe «Nunca máis», unha obra audiovisual baseada no guión do alumnado do IES Moncho Valcarce, gañador do Concurso de Guións contra a violencia de xénero da Deputación da Coruña por segunda vez na súa historia.
Esta peza, dirixida e grabada polos alumnos e alumnas baixo a supervisión do profesor Omar Rabuña, amosa a historia dunha relación tóxica de manipulación e control onde a muller descubre a gaiola na que se atopa encerrada e decide saír. É unha clara chamada dos máis novos ó empoderamento da muller, á loita pola igualdade.
Trala estrea, que foi un éxito entre os veciños de As Pontes e das localidades veciñas, esta curtometraxe vaise difundir entre os centros de ensinanza galegos, para contribuir á concienciación sobre a violencia de xénero.
Ademáis, estará a disposición de quen queira disfrutar dela na páxina web da Deputación, na que xa se poden atopar todas as pezas gañadoras das pasadas edicións.
Relacionado: 25N – O Eume contra a violencia de xénero