Camiño Inglés, unha ruta en auxe á beira do Eume

Cada día, peregrinos e veciños percorren o tramo que atravesa a comarca para gozar da paisaxe e patrimonio

Ponte sobre o río Eume que conecta os concellos de Cabanas e Pontedeume.

Facer o Camiño Inglés está de moda. Segundo os datos da Oficiña do Peregrino de Santiago, fixérono 14.150 persoas no ano 2018, cando no 2013 a cifra non chegaba a 4.500.

Esta ruta xacobea pasa por dous concellos do Eume, Cabanas e Pontedeume, pero percorrer uns quilómetros deste camino para facer deporte é unha opción cada vez máis frecuente entre os veciños e veciñas da comarca.

Ademais do atractivo natural e paisaxístico do tramo, é moi visitada en Cabanas a igrexa de San Martiño do Porto, de estilo barroco tardío, ademais da praia da Magdalena e o piñeiral de Cabanas, en pleno estuario do Eume.

Despois, peregrinos e amantes da natureza atravesan a ponte sobre o río Eume, construido no século XIV. Xa en Pontedeume, destaca o seu casco histórico, co imponente Torreón dos Andrade ou a Igrexa Parroquial de Santiago.

 

112 QUILÓMETROS
É a distancia que separa Ferrol de Santiago de Compostela. Itinerario máis longo do Camiño Inglés.

850 METROS
É a lonxitude da ponte que separa Cabanas de Pontedeume. Lugar de paso para os peregrinos.

 

 

SABÍAS QUE?

O Camiño Inglés pasa por un total de 18 concellos: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, A Coruña, Cambre, Culeredo, Paderne, Betanzos, Abegondo, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago.


Este roteiro de peregrinación era moi utilizado na Idade Media por devotos ingleses, irlandeses e doutros países do norte de Europa, que chegaban en barco aos portos da Coruña, Ferrol, Ares e Betanzos, para despois desprazarse ata Compostela.


Experimentou un forte apoxeo no século XV, período de maior afluencia de súbditos e barcos ingleses. Os desembarcos máis numerosos documentáronse coincidindo cos anos santos 1428, 1434 e 1445.


Desde 1999, a ruta experimentou un forte crecemento, grazas ó seu elevado atractivo paisaxístico e cultural.


O Concello de Pontedeume traballa na rehabilitación do antigo Hospitalillo, para convertelo en albergue de peregrinos.


En outubro deste ano presentouse oficialmente a Asociación de Concellos do Camiño Inglés, para potenciar a ruta e organizar diferentes actividades durante o ano. O itinerario está xa presente cada ano en Fitur, a FIT Ibérica de Garda en Portugal ou a World Travel Market de Londres, unha das feiras turísticas máis importantes do mundo.


As frechas amarelas e as clásicas mouteiras con vieira e indicador de distancia balizan o Camiño Inglés do mesmo xeito que no resto de roteiros xacobeos en Galicia.


Ten más éxito a ruta desde Ferrol, xa que a distancia que separa A Coruña de Santiago non é suficiente para conseguir a Compostela.

 

Salir de la versión móvil