Diversidade e inclusión: protagonistas do III Foro da Industria Galega do Audiovisual na Coruña

Profesionais do sector galego e estatal protagonizarán mesas redondas, charlas e proxeccións entre o 5 e o 7 de novembro na cidade herculina
Presentación do III Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA)
Presentación do III Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA)

Un debate arredor da diversidade e a inclusión no eido audiovisual. Iso é o que propón o III Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA).

Organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña e da Deputación, o encontro celebrarase do 5 ao 7 de novembro na cidade herculina, concretamente no Espacio Avenida e nos Cantones Cines. Durante tres días, creadoras e profesionais galegas e estatais suman forzas para abordar os desafíos e oportunidades dun audiovisual máis plural.

Tal e como salientou na presentación do evento Carmen Méndez, vicepresidenta da Academia Galega do Audiovisual, «FIGA naceu como un espazo de diálogo e crecemento colectivo«. É por iso que esta nova edición combinará proxeccións, charlas e mesas redondas arredor da diversidade.

O programa inclúe a performance Flúor significa escuridade, debates sobre producións máis plurais e sobre temas como a accesibilidade, o casting inclusivo ou a identidade na creación, ademais das proxeccións de Sorda e La Furia, seguidas de coloquios cos seus equipos.

Aquelas persoas que o desexen xa poden inscribirse a través do formulario dispoñible na web da Academia Galega do Audiovisual. As entradas teñen un prezo de 5 euros por día que se devolverán integramente ás persoas asistentes.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.