Este mércores 8 de xullo, o pleno do Consello da Cultura Galega (CCG) aprobou a composición da nova Comisión Executiva que acompañará a Dolores Vilavedra no seu mandato. Mentres que Alejo Amoedo continúa como vicepresidente primeiro, e Paula Cabaleiro como secretaria, o científico coruñés Jorge Mira incorpórase como vicepresidente segundo tras ser membro do plenario dende 2024.
Doutra banda, tamén realizouse a elección das novas coordinacións da sección de ciencia, natureza, tecnoloxía e sociedade tras a baixa de Elena Vázquez Cendón e da sección da lingua, literatura e comunicación que levaba Vilavedra. Mira e Ramón Nicolás asumirán a súa coordinación respectivamente. Ademais, Dolores Vilavedra pasará a dirixir o Arquivo da Emigración Galega e Marilar Aleixandre o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos.
O Consello contará con outros novos membros representativos. En representación do Instituo da Lingua Galega estará Elisa Fernández Rei; ao plenario súmase a reitora da Universidade de Vigo Carmen García Mateo; e ademais incorpórase Ricardo Cao Abad, o reitor da Universidade da Coruña, o cal substitúe a Rosa Crujeiras, anterior representante da USC.

