O Concello de As Pontes organiza un curso de linguaxe de signos

Será as tardes dos luns e mércores, do 13 de xaneiro ó 11 de marzo, na Casa Dopeso
Linguaxe de signos.
Linguaxe de signos.

O Concello das Pontes, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude porá en marcha, a segunda semana de xaneiro de 2020, un curso de linguaxe de signos, nivel  básico A1.

A través deste curso, cunha duración de 30 horas e dirixido á veciñanza maior de 16 anos, o Concello buscar contribuír a eliminar as barreiras de comunicación que afectan a este colectivo e achegar aos ponteses e pontesas a esta lingua, promovendo que aprendan a comunicarse coas persoas xordas.

Trátase dun curso homologado pola CNSE (Confederación Estatal de Persoas Xordas) e adaptado ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) do Consello de Europa e será impartido pola Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia (FAXPG)

O curso desenvolverase os luns e os mércores, desde o 13 de xaneiro ata o 11 de marzo, de 16:30 horas a 18:20 horas no soto da Casa Dopeso.

Todas as persoas interesadOs poden inscribirse no Rexistro Municipal, en horario de mañá (de 08:30 horas ás 14:00 horas) ata o 8 de xaneiro. Hai 20 prazas dispoñibles.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.