Premios Mestre Mateo 2026: Xabier Díaz poñerá música á gala da man de Mondra

O evento contará con actuacións que combinan o legado da música tradicional con novas sonoridades contemporáneas
Xabier Díaz e Mondra
Xabier Díaz e Mondra

A XXIV edición dos Premios Mestre Mateo contará con Xabier Díaz como responsable da música da gala. O músico galego estará ao fronte das Adufeiras de Salitre cunha actuación que unirá tradición e vangarda.

Segundo informa a organización, a parte musical completarase coa participación de Mondra, unha das voces emerxentes do panorama musical galego actual.

A elección de Xabier Díaz sitúa a música tradicional galega no centro da cerimonia, a través dun proxecto que leva anos traballando na recuperación e reinterpretación do canto e da percusión popular. Unha liña na que tamén afonda o artista Mondra.

A gala da XXIV edición dos Premios Mestre Mateo terá lugar en Lugo, o día 21 de marzo no Auditorio Fuxan os Ventos. O evento reunirá a profesionais do cine e da televisión galegos para recoñecer as producións máis destacadas do último ano.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.