Sabela reivindica o rural no seu novo EP, Bríllanche os olliños

A artista lucense presenta seis temas de pop electrónico nos que explora as raíces galegas, as lendas e as emocións máis íntimas
Sabela xunto a María Escarmiento
Sabela xunto a María Escarmiento

A cantante lucense Sabela Ramil publica o seu novo traballo discográfico, o EP Bríllanche os olliños, unha proposta coa que reivindica a vida e o mundo rural galego dende unha óptica contemporánea. O disco, composto por seis temas, percorre o pop electrónico dende vertentes máis eufóricas ata outras máis íntimas e ambientais, mantendo sempre unha forte identidade local.

No disco, Sabela afonda en temas como as lendas populares, os oficios tradicionais, as figuras femininas como Maruja Mallo, os animais e o desexo, construíndo un universo sonoro no que o rural convive coa experimentación e a emoción.

Non cho podo dar, a colaboración con María Escarmiento

O focus track do EP é Non cho podo dar, unha colaboración coa tamén artista e excompañeira de Operación Triunfo María Escarmiento. O tema presenta un pop ambiental e melódico, cun ton directo e honesto, no que ambas xogan coa idea de amar fóra do socialmente establecido.

A canción reivindica que sentir nunca é un erro, mesmo cando desafía as normas impostas, e atopa inspiración nos mitos das sereas: mulleres libres e temidas por seren diferentes. Esa mesma idea reflíctese no videoclip gravado en Cervo, que recupera a lenda da Maruxaina, símbolo da liberdade rebelde da Mariña lucense.

Sabela, natural de Ourol, apostou nesta ocasión por producir os temas baixo unha perspectiva experimental, asumindo un papel activo tanto na composición como na produción musical.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.