The Rapants presenta o seu novo traballo: ‘Rapants Club’

O novo disco combina indie-rock, electrónica e ritmos latinos, e será presentado en directo no Multiusos Fontes do Sar
The Rapants
The Rapants

A banda The Rapants publica este mércores o seu novo álbum, ‘Rapants Club’ Este cuarto LP mestura indie-rock, electrónica e ritmos latinos, mantendo o seu característico toque festivo e amosando a evolución sonora do grupo.

Os primeiros adiantos, “Non Sei Como” (con Joe Crepúsculo) e “Viaxei”, xa conquistaron plataformas dixitais e incluso algunha sala de concertos, creando grandes expectativas para o disco completo.

O álbum completo será presentado en directo o vindeiro 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, cun aforo ampliado debido á alta demanda de entradas.

Segundo a banda, ‘Rapants Club’ reflicte a súa maneira de entender a vida a través da música, combinando festa, emoción e creatividade nun só proxecto.

O disco xa está dispoñible en todas as plataformas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.