Chegan os Premios Mestre Mateo: nominadas, horarios e todo o que tes que saber

O cine galego celebra a súa gran festa este sábado no XXIV Premios Mestre Mateo, que por primeira vez na súa historia viaxan a Lugo nunha edición "especialmente aberta e competitiva"
Fotogramas de 'Antes de Nós', 'Sirat', 'As liñas descontinuas' e 'San Simón', as nominadas a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo.
Fotogramas de 'Antes de Nós', 'Sirat', 'As liñas descontinuas' e 'San Simón', as nominadas a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo.

O sector audiovisual galego vive a súa semana grande coa celebración da XXIV edición dos Premios Mestre Mateo, que este ano chegan por primeira vez a Lugo. A gala terá lugar o sábado 21 de marzo no Auditorio Fuxan os Ventos, nunha edición que a Academia Galega do Audiovisual cualifica de especialmente aberta e competitiva.

A presidenta da entidade, Lucía Veiga, destacou durante a presentación que a elección de Lugo responde a unha “débeda histórica” coa cidade. Os galardóns, que se entregan desde 2003, recoñecen cada ano o mellor da produción audiovisual galega, tanto diante como detrás das cámaras, e levan o nome do mestre do románico autor do Pórtico da Gloria

Tres grandes favoritas

Nesta edición, tres títulos parten con clara vantaxe no número de candidaturas: Antes de nós, que lidera con 18 nominacións, e Sirāt e As liñas descontinuas, ambas con 11. Xunto a elas, San Simón completa o cuarteto de aspirantes a mellor película.

Tamén nas principais categorías hai unha forte competencia. Na dirección compiten nomes como Oliver Laxe (Sirāt), Ángeles Huerta (Antes de nós), Anxos Fazáns (As liñas descontinuas) e Lucía Estévez (Weiss e Morales).

En interpretación protagonista masculina destacan Luis Tosar (Golpes), Xoán Fórneas (Antes de nós), Adam Prieto (As liñas descontinuas) e Flako Estévez (San Simón). Pola súa banda, na categoría feminina figuran Alba Flores (Punto Nemo), Cris Iglesias (Antes de nós), Lucía Veiga (Mi Ilustrísimo Amigo) e Mara Sánchez (As liñas descontinuas).

Amplia representación en todas as categorías

Os premios abranguen unha ampla variedade de categorías, desde interpretacións de reparto ata áreas técnicas como son, montaxe, fotografía ou vestiario, así como formatos diversos: longametraxes, documentais, series, programas de televisión ou curtametraxes.

Entre os nomeados tamén aparecen producións como Bibopalula, O Home Perfecto, Cinephilia, Raíña-me! ou Cos pés na terra, que reflicten a diversidade e vitalidade do audiovisual galego actual.

Premio de Honra e galardóns especiais

Un dos momentos máis emotivos da noite será a entrega do Premio de Honra á asesora lingüística e tradutora Rosa Moledo, en recoñecemento a máis de tres décadas de traballo en defensa da calidade lingüística no audiovisual galego.

Ademais, nesta edición tamén se concederán premios especiais a varias producións destacadas, como Antes de nós ou As liñas descontinuas, así como ás series Bibopalula e Pipo, nun ano no que, por primeira vez, o público participou directamente na elección dun dos galardóns.

Unha gala aberta ao público

A cerimonia comezará ás 22:00 horas, precedida pola tradicional alfombra vermella desde as 19:00. A gala poderá seguirse tamén en directo a través da TVG, mentres que en Lugo haberá actividades paralelas abertas ao público arredor do auditorio.

Ademais da retransmisión da TVG, a alfombra vermella —que neste caso será dourada— tamén se poderá ver a través do canal de YouTube de Kinotico, neste enlace.

Lista completa de nominacións

Mellor película

  • Antes de nós: Retrincos A.I.E., coa participación da TVG e TVE, co apoio de Agadic e ICAA e colaboración de distintas deputacións galegas
  • As liñas descontinuas: Sétima e Sideral, coa participación da Televisión de Galicia
  • San Simón: San Simón la película AIE, Miramemira, Morelli Producciones, Bando à Parte coa participación da TVG
  • Sirāt: El Deseo D.A. S.L., Filmes da Ermida S.L., URI Films S.L., Telefónica Audiovisual Digital e Los Desertores Films A.I.E

Mellor dirección

  • Ángeles Huerta (Antes de nós)
  • Anxos Fazáns (As liñas descontinuas)
  • Lucía Estévez (Weiss e Morales)
  • Oliver Laxe (Sirāt)

Mellor interpretación masculina protagonista

  • Luis Tosar (Golpes)
  • Adam Prieto (As liñas descontinuas)
  • Flako Estévez (San Simón)
  • Xoán Fórneas (Antes de nós)

Mellor interpretación feminina protagonista

  • Alba Flores (Punto Nemo)
  • Cris Iglesias (Antes de nós)
  • Lucía Veiga (Mi Ilustrísimo Amigo)
  • Mara Sánchez (As liñas descontinuas)

Mellor interpretación masculina de reparto

  • Adrián Ríos (Antes de nós)
  • Miquel Ínsua (Antes de nós)
  • Nancho Novo (Antes de nós)
  • Tatán (San Simón)

Mellor interpretación feminina de reparto

  • Desiré Pillado (O Home Perfecto)
  • Isabel Naveira (Lume)
  • Luisa Merelas (Antes de nós)
  • Victoria Teijeiro (Antes de nós)

Mellor guión

  • Alberto Vázquez, X. Manuel Ruiz (Decorado)
  • Anxos Fazáns, Ian De La Rosa (As liñas descontinuas)
  • Oliver Laxe, Santiago Fillol (Sirāt)
  • Pepe Coira (Antes de nós)

Mellor música orixinal

  • Kangding Ray (Sirāt)
  • Santi Jul, Iván Laxe (Bibopalula)
  • Sofía Oriana (Antes de nós)
  • Xavier Bértolo (As liñas descontinuas)

Mellor dirección de fotografía

  • Jaime Pérez (Weiss e Morales)
  • Lucía C. Pan (Antes de nós)
  • Mauro Herce (Sirāt)
  • Sandra Roca (As liñas descontinuas)

Mellor son

  • Amanda Villavieja (Sirāt)
  • Elsa Ferreira, Pedro Góis, Daniel Fernández, Toni Penido (San Simón)
  • Toni Penido, David Machado, Javier Pato (Antes de nós)
  • Xavier Souto, David Machado, Javier Pato (As liñas descontinuas)

Mellor montaxe

  • Cristóbal Fernández (Sirāt)
  • Diana Toucedo, Laura Piñeiro (As liñas descontinuas)
  • Gaspar Broullón, Lu Rodríguez (Weiss e Morales)
  • Lucía Iglesias Fuentes (Antes de nós)

Mellor dirección de arte

  • Elia Robles (Antes de nós)
  • Inés R. Sacristán (San Simón)
  • Laia Ateca (Sirāt)
  • Sonia Prol (O Home Perfecto)

Mellor vestiario

  • Aránzazu Domínguez (Antes de nós)
  • Fede Pouso (Mi Ilustrísimo Amigo)
  • Nadia Acimi (Sirāt)
  • Uxía Vaello (San Simón)

Mellor maquillaxe e perruquería

  • Chicha Blanco, Lorena Calvo (Antes de nós)
  • Fani Mosqueira (O Home Perfecto)
  • Sonia García (As liñas descontinuas)
  • Sonia García, Silvia Neira (San Simón)
  • Zaira Eva Adén (Sirāt)

Mellor realización

  • Diego Guerrero, Marcos Estebo, Breixo Llano (Cos pés na terra)
  • Marcos Nine (Historias de Aquí)
  • Miguel Gomar (Raíña-me!)
  • Simone Saibene (Cinephilia)

Mellor dirección de produción

  • Analía G. Alonso, Aleix Castellón (San Simón)
  • Lucía Caramelo (Antes de nós)
  • Nati Juncal, Silvia Fuentes (As liñas descontinuas)
  • Oriol Maymó (Sirāt)

Mellor serie de televisión

  • Bibopalula: Undodez para Televisión de Galicia
  • O Home Perfecto: Voz Audiovisual para Televisión de Galicia
  • Punto Nemo: Punto Nemo La Serie AIE coa colaboración da TVG
  • Weiss e Morales: Portocabo, RTVE, ZDF Studios, ZDF, Nadcon

Mellor programa

  • Cinephilia: Noveolas Producciones e Telemiño
  • Cos pés na terra: Filmax (Producións A Fonsagrada SL) para TVG
  • O videoclub: Brava
  • Raíña-me!: Brava para TVG

Mellor serie web

  • Alucinema: Kraken Media
  • Bechos: Undodez para Televisión de Galicia
  • Contando os días: Alba Loureiro e Tania Medina
  • Pipo: Undodez para Televisión de Galicia

Mellor documental

  • 360 Curvas: Rebordelos
  • Ao son da nova regueifa: Undodez
  • Deuses de pedra: Amateurfilms, Iván Castiñeiras, Primeira Idade, Rúa Escura, Promenons-Nous Dans Les Bois
  • O silencio herdado: Gaitafilmes e La Selva Ecosistema Creatiu

Mellor curtametraxe de imaxe real

  • Abellón: Fon Cortizo
  • Adeus, Berta: Kraken Media
  • Algo novo que contar: Queimarte Films e Brava
  • Curmán: Mala Herba Producións e Alejandro Jato

Mellor curtametraxe de animación

  • Lucus: Mala Herba Producións, Testaferro, Gonzalo E. Veloso
  • Nuno: Produciós OU Ké!
  • O corpo de Cristo: Abano Producións e Uniko
  • O mesmo: Algarabía Animación S.C e Canal Cosmopolitan Iberia S.L.U.

Mellor videoclip

  • Ferido (O Xoán): Fran Fórneas, Irene Montes e Xoán Fórneas
  • Hibernarse – O videofilme (Fillas de Cassandra): Fillas de Cassandra, Santi Iglesias, Sergio “Steel” e Tremendo Audiovisual
  • Non cho podo dar (Sabela e María Escarmiento): Sabela
  • Ontes fun moi malo (Grande Amore): Ernie Records, Nuno Pico, Xaime Miranda

Mellor anuncio publicitario

  • Ao Noroeste do Oeste: Undodez y Medio Limón
  • Gadis. Compartimos a vida: Congo Producciones
  • Hematofesti 2025 – Festival de Humor e Literatura Infantil: Manu Viqueira
  • Historia que nos impulsa: Undodez e Real Club Deportivo
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.