O Celta presume da fichaxe estrela da tempada: Chiño, a súa nova mascota

O Real Club Celta de Vigo engade emoción a súa mellor tempada cunha mascota moi especial
Chiño Celta
Chiño, a nova mascota do Real Club Celta de Vigo | RC CELTA

Se algo ten claro o Celta é que cada tempada se xoga ata o último minuto. E nesta recta final, o club vigués decidiu sorprender cun movemento inesperado que moitos xa consideran a fichaxe estrela do ano: Chiño chega a Balaídos.

A gaivota viguesa é, dende hoxe, a nova mascota oficial do club. Unha incorporación para nada casual, xa que o club ten unha misión clara: reforzar a súa conexión coa afección celeste. Insisten así en que a súa incorporación vai máis alá da anécdota e busca afondar no vínculo emocional co celtismo, achegando proximidade, identidade local e tamén unha nova forma de conexión a través das redes sociais.

A presentación máis particular do club

Chiño toma a testemuña das lendas Nocho e Celestino e firma co club vigués ata final de tempada con todas as esperanzas depositadas nel e a confianza de que, grazas á súa presenza, o club reforce a súa identidade e profesionalidade tanto dentro coma fóra do terreo de xogo.

E parece que dende a directiva o teñen claro, xa que o propio director de fútbol, Marco Garcés, definiu a Chiño con ironía como “un extremo oportunista” e apuntou habilidades tan insólitas como o “roubo de pinchos en terraza” ou o “disparo biolóxico”, nunha presentación que xa provocou numerosas reaccións entre a afección. Chiño non se quedou atrás e definía a súa emocionante fichaxe coma «un triunfo para min e para todas as da súa especie”. Toda unha declaración de intencións, porque a nova mascota vén para quedarse.

O Celta, no máis alto

A situación actual do Celta constitúe un dos proxectos máis estimulantes da Liga. Instalado con firmeza na sexta posición do campionato doméstico e co soño europeo máis vivo que nunca tras alcanzar os cuartos de final da Europa League, o conxunto vigués segue a reafirmar a súa esencia competitiva.

Nun momento no que a identidade do club segue medrando e expandíndose, a chegada de Chiño reforza a conexión coa afección, que volve gozar dun fútbol atrevido e ambicioso. Con este tipo de incorporacións, o Celta vai moito máis alá de fortalecer a súa marca: aliméntase da ilusión dunha bancada que entende esta tempada como o comezo dunha etapa dourada, na que a maxia sobre o terreo de xogo apuntan cara a un futuro prometedor.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.