Miriam Casillas finalizou en 40ª posición no campionato do mundo disputado este sábado 5 de setembro na localidade alemana de Hamburgo.
Despois de saír da auga a 30 segundos da cabeza de carreira e rodar nun dos grandes pelotóns que se formou no ciclismo, a internacional do Triatlón Ferrol non exhibiu o seu mellor nivel a pé pero deu a cara ata o final.
“Me vi en carrera en todo momento pero corriendo tenía frío, estaba agarrotada. Al ser –distancia- sprint, como pierdas 20 segundos, son 20 puestos”, lamenta a triatleta do conxunto departamental, que a pesar das últimas malas sensacións conseguiu ser a segunda mellor española do mundial, tan só por detrás da campioa nacional fai dúas semanas, Anna Godoy.
Mundial de relevos
Finalmente Miriam Casillas e as súas compañeiras de equipo nacional foron 14ª no Mundial por relevos mixtos. Sendo ela a terceira integrante da selección en saír, colleu o testemuño na novena posición e entregouno mantendo as opcións de acabar entre as dez mellores seleccións do mundo, aínda que finalmente non puido ser.
Discussion about this post