Este mesmo domingo 20 de setembro fíxose oficial a incorporación do brasileiro Nathan Palafoz á entidade verdiblanca. Os racinguistas poderán quedar tranquilos tras facerse cun xogador procedente do sub-20 do Corinthians, o emblemático equipo brasileiro co que conseguiu anotar a cifra de 30 goles en 54 partidos.
Ademais de tantos o “killer” Nathan aportará moita frescura ao equipo ferrolán, xa que tan só ten 21 anos e conta cunha gran envergadura, un físico de 83 kg e un total de 1,87 metros de altura que o fan imparable de cara a portería.
Máis xogadores para completar o plantel
De todas formas, a entidade verdiblanca non se cansa de intentar aumentar a calidade do equipo con novas incorporacións. É o caso do mediocentro Elsinho, o cal milita desde 2016 no Fútbol Club Juárez da máxima división brasileña. O club racinguista admitiu que estaba a ter “dificultades administrativas” para pechar a saída do xogador cara a Ferrol, pero as súas intencións de incorporar á xoia brasileira á disciplina de Larraz siguen vixentes.
Complicacións nas últimas incorporacións
Porén, as fichaxes que parecen estar máis estancadas son as dos dous uruguaios Yeferson e Acuña, dous futbolistas moi pretendidos polo Racing, onde incluso o director deportivo, Carlos Mouriz, estivo a punto de permanecer confinado en Uruguai o pasado marzo tras a súa visita persoal para intentar convencer ao central e ao mediapunta.
Este retroceso débese á negativa dos seus respectivos equipos de deixalos marchar rumbo á cidade naval. Por un lado, o xove Yeferson Quintana -24 anos- está xogando actualmente no Danubio, o club da primeira charrúa, despois de formarse no Peñarol, pasar polo Cerro Largo, pola MLS estadounidense e voltar ao equipo que o viu crecer, aínda que en pouco tempo saíu en condición de cedido, a mesma que tería no Racing en caso de que as negociacións fructuaran.
Finalmente, o seu compatriota e mediapunta, Mathias Acuña, xa conta cunha fonda experiencia futbolistica aos seus 27 anos. Actualmente está a vestir a zamarra do Wanderers -tamén de primeira división uruguaia-, onde só conseguiu anotar tres tantos, aínda que o xogador destaca pola súa habilidade no 1 para 1.
Mouriz confía en incorporalos nas vindeiras semanas
O director deportivo, Carlos Mouriz, amosou unha confianza plena na incorporación destes dous baluartes antes do inicio da próxima campaña, a cal ten previsto comezar -se a situación sanitaria o segue a permitir- en menos dun mes.
De feito foi o propio Mouriz o encargado de viaxar ao pais sudamericano para manter unhas relacións moito máis estreitas con ambos xogadores o pasado mes de marzo. Porén, a pesar das boas sensacións iniciais cos xogadores, a súa estancia en Uruguai viuse truncada pola Covid-19, a cal case lle obriga a permanecer aislado fora de España, aínda que finalmente o director deportivo racinguista puido voltar.
Discussion about this post