O XX Tríatlon Cidade de Ferrol previsto para o 9 de agosto finalmente ten que ser suspendido. A pesar de que tanto o Concello como a Autoridade Portuaria facilitaron que a carreira a pé puidese desenvolverse polo paseo de Irmandiños para gañar espazo ou pechar por completo o acceso do público á transición e meta situadas en Curuxeiras, a última actualización do protocolo autonómico para o retorno ás competicións deportivas fai que a organización da proba decida cancelala definitivamente.
Segundo esa norma, os triatletas deben gardar dous metros de distancia interpersoal sempre que estean sen máscara, é dicir, exclusivamente durante a competición. Desta forma, a pesar de ter limitado a participación para evitar as aglomeracións entre competidores e público, actualmente non é posible atopar unha alternativa segura aos circuítos previstos. A organización da proba lamentou os inconvenientes que esta cancelación poda ocasionar tanto aos competidores como aos afeccionados.
Discussion about this post