Ique e William, as novas incorporacións de O Parrulo Ferrol para a próxima tempada

O pivote romanés e o ala destro brasileiro veñen acompañados por un amplio percorrido en ligas de gran nivel
O parrulo Ferrol
O parrulo Ferrol

O Parrulo Ferrol quere preparar a seguinte tempada da mellor maneira posible, e non hai mellor modo de facelo que aportando ao equipo maior frescura incluso antes de que o balón comece a rodar. O rumano Ique e o brasileiro William son as novas fichaxes do conxunto galego para alargar o soño de xogar na LNFS o máximo posible.

Ique, un xogador cun gran palmarés

Carlos Henrique Ribeiro “ Ique” naceu en Sao Paulo (Brasil) o 8 de setembro de 1985, nacionalizado romanés e debutando coa súa selección nacional en abril de 2018, xogando de pivote. Procede do Jimbee Cartaxena, onde militou nas últimas tres tempadas.

Na súa carreira deportiva tamén vestiu as camisetas de MGA Bucarest (Romanía), Pescados Rubén Burela, FC Andorra, Jumilla FS, Elpozo Murcia, Luparense (Italia) e Deva (Romanía).

No seu palmarés consta unha Liga de Romanía (2016-2017), unha Copa de Romanía (2009-2010) e unha Supercopa de Romanía (2009-2010), facéndose con todos os trofeos colectivos do seu país.

«O Parrulo Ferrol é un club serio. Tras falar con eles nos últimos días convencéronme a vir. É un bo proxecto, co obxectivo de salvar a categoría e tentar meternos na Copa de España e por que non gañala, aínda que supón un gran esforzo e traballo», afirmaba o pivote romanés, que destaca do seu estilo a pegada que ten de cara a portería e o bo uso que fai do seu corpo a hora de xogar de espaldas.

O Parrulo Ferrol

William, un futbolista con moito percorrido por diante

William Douglas Correa dos Santos, nacido o 15 de outubro de 1994 en Belo Horizonte (Brasil) é un ala destro con experiencia na LNF brasileira, sendo un dos xogadores vitalicios en Minas Tenis Clube, onde coincidiu cun ex xogador de O Parrulo Ferrol como é Attos.

Posteriormente poñería rumbo a Foz Cataratas Futsal, onde xogou nesta última tempada, anotando 24 goles en 53 partidos. Ademais, no seu palmarés, consta dun Campionato Paranaense de Futsal (2019) e dous Campionatos Mineiro de Futsal (2016 e 2017).

«Tiven boas referencias de amigos que estiveron en O Parrulo Ferrol y cando recibín a oferta non o dubidei», destacou o xogador brasileiro, o cal espera chegar a algunha final co equipo ferrolán. «Defínome como un futbolista moi adicado e que vai deixar todo dentro da pista para conseguir os obxectivos do equipo».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.