Irene Garí convértese na primeira incorporación do Baxi Ferrol

A xogadora procede do Valencia Basket, no que estivo as tres últimas campaña, as dúas últimas en Liga Femenina
www-thewangconnection-com_images_baloncesto_irenegari_irene-gari-1

A alero valenciana Irene Garí xogará no BAXI Ferrol a próxima tempada, o que permite ao conxunto departamental conseguir un reforzo de luxo para o seu novo proxecto. A xogadora, que ten 25 anos e mide 1,85 metros, provén do Valencia Basket, no que estivo as tres últimas campañas, a primeira en Liga Feminina 2, conseguindo o ascenso e a última participando na Eurocup.

Irene comenta sobre as razóns que lle levan a vir ao Baxi Ferrol que “a confianza que Liño me transmitiu desde o primeiro momento que soubo que non seguía no Valencia Basket, e o proxecto para esta tempada que o club ten para ascender á liga Feminina Endesa, foron as claves para tomar a decisión. Teño moitas ganas de empezar esta nova etapa e creo que imos gozar moito do camiño a próxima campaña”.

O feito de que a xogadora decida baixar á liga Feminina 2 pode sorprender a moita xente despois de dous anos na liga Feminina e da súa participación en Eurocup, pero a xogadora é clara cando destaca que “non o sei e tampouco me preocupa o que pense a xente. Tomei a decisión pensando onde cría que ía ser máis feliz, podendo gozar outra vez xogando ao baloncesto”.

En canto ao que pode achegar ao equipo, a deportista valenciana sinala que “me considero unha xogadora moi comprometida e implicada, que pode achegar moita intensidade e ritmo ao equipo. Coñezo moito o estilo de xogo de Liño e creo que encaixa ben na miña maneira de xogar”.

Irene Garí convértese na segunda integrante do persoal do BAXI Ferrol, tras a renovación da canaria Patri Cabrera.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.