A xogadora arxentina Julieta Mungo comprometeuse co BAXI Ferrol para a próxima tempada. A baloncestista de 22 anos e 1.83 metros vén de xogar o ano pasado nas filas do Patatas Hijolusa de León, co que disputou máis de trinta minutos en todos os partidos, achegando unha media de 11 puntos e 6,6 rebotes.
Julieta destaca por ser moi rápida e tanto pode xogar en posicións interiores como exteriores, xa que é moi polivalente na cancha. A ala-pivot, nacida en Buenos Aires, leva nas seleccións de base arxentinas desde que tiña 14 anos e agora xa está integrada na absoluta, ademais de ser unha integrante da selección que disputou o Mundial 3×3. A mariose gañou a súa liga doméstica en dúas ocasións vestindo as camisetas do Berazategui e Quimsa.
A xogadora destaca sobre a súa incorporación no equipo departamental os obxectivos moi claros que teñen presente, ilusionada co BAXI Ferrol onde espera crecer aínda máis. En canto ao que pode achegar ao conxunto ferrolán, a bonaerense destaca a súa verticalidade e bo tiro exterior, sen esquecerse de deixalo todo nas tareas defensivas.
Julieta Mungo convértese na décima integrante do persoal ferrolán para a próxima tempada, tras as renovacións de Patri Cabrera, Natalia Rodríguez, Sune Swart, Patricia Benet, Anniina Aijanen e Dynn Leaupepe e as fichaxes da valenciana Irene Garí, da arxentina Andrea Boquete e da canaria Laura Fernández.
Discussion about this post