O pequeno culebrón en torno ao central uruguaio Yeferson Quintana, que estaba no punto de mira do Racing de Ferrol desde o pasado mes de agosto, parece que se vai pechar dunha forma satisfactoria para o equipo que dirixe Larraz. O xove xogador de 24 anos viaxou a pasada noite rumbo a España desde o seu país de orixe e se espera que chegue á cidade este martes 29.
As negociacións co clube no que xogaba actualmente cedido polo Peñarol, o Danubio Fútbol Club, da Primeira División uruguai non foron sinxelas. De feito, a pasada semana a entidade negou a posibilidade de que o xogador saíra do club, pero días máis tarde xa non foi convocado para xogar o partido de liga fronte ao Boston River. Tampouco foron sinxelos os trámites administrativos, xa que como recoñeceu o propio club racinguista, estaban a ter problemas co transfer.
O central promete aportar cuntendencia na zaga con seu 1,93 metros de estatura e a súa corpulencia. Según apunta a prensa uruguai, trátase dun xogador que non rexeita o contacto e con carácter á hora de despregar o seu xogo en defensa. Na súa traxectoria pasou por ligas cun alto nivel competitivo. Ademáis de formar parte do Peñarol, xogou na Major Soccer League de Estados Unidos, para os San Jose Earthquakes e polo Cerro Largo, tamén da Primeira Divisón uruguaia. Quintana viría cedido ao Racing por una tempada.
O dianteiro Mathías acuña podería chegar en outubro
Parece que esta non será a última fichaxe do Racing de Ferrol esta tempada no mercado uruguaio. O mediocentro Mathías Acuña podería chegar á entidade verdiblanca cando remate o torneo Apertura a mediados do mes de outubro. Este xogador de 27 anos, que actualmente milita no Montevideo Wanderers, ten xa unha longa traxectoria na liga charrúa, tras pasar polo Liverpoool, Fénix ou Tanque Sisley.
Se finalmente se da por pechada esta operación, o equipo racinguista aínda tería dúas fichas sub 23 para completar o seu plantel, posiblemente para reforzar as posicións de atacante esquerdo e de lateral.
Discussion about this post