Álex Rodríguez Rilo estrearase este domingo nunha Copa de Europa junior sendo o máis novo entre os seus rivais. O canteirán a Escola Javi Gómez Noya, nado en 2004 e sendo aínda cadete, foi convocado pola selección española para participar na proba continental que acollerá a localidade catalá de Banyoles.
O ferrolán, bolseiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, chega á Copa de Europa despois de probarse no campionato de España cadete celebrado en Pontevedra no que foi sexto.
Discussion about this post