Quedan moi poucos días para que empece a competición na Primeira División de fútbol sala e na tarde deste xoves a RFEF deu a coñecer o calendario oficial nesta nova tempada. O Parrulo Ferrol empezará xogando diante da súa afección no pavillón da Malata, recibindo ao Fútbol Emotion Zaragoza, a fin de semana do 3 de outubro.
A primeira visita terá lugar tan só unha semana despois, concretamente ao Pavillón Anaitasuna (Pamplona) para xogar ante o CA Osasuna Magna, sendo este o segundo dos seis partidos que os ferroláns terán que xogar no mes de outubro.
En relación aos derbis galegos co Peixes Rubén Burela, o primeiro deles terá lugar o 14 de novembro, na xornada 9, que se celebrará no Pavillón de Vista Alegre, mentres que na segunda volta o partido no Pavillón da Malata será o 2 de abril, na xornada 26.
Outros partidos que sempre lle gusta ver á afección de O Parrulo Ferrol son as visitas de Elpozo Murcia Costa Cálida (o 24 de outubro, na xornada 6), o Movistar Inter (o 4 de xaneiro, na xornada 16) e o Barça (o 25 de abril, na xornada 28). A liga regular en Primeira División finalizará o 29 de maio, onde os ferroláns recibirán ao Viña Albali Valdepeñas, no pavillón da Malata.
Discussion about this post