O Racing de Ferrol continúa a reforzarse de cara á próxima tempada, que comezará o próximo 18 de outubro. Na última semana o equipo de Larraz anunciou as incorporacións de defensa Jon García e do volante esquerdo Dani Nieto. O central bilbaíno recala, unha vez máis, no Racing Club co que xa xogou a metada da tempada pasada, na que unicamente puido disputar 4 partidos debido a uns problemas musculares e, posteriormente, á situación sanitaria.
Durante a súa traxectoria pasou por equipos como o Bilbao Athetlic, CD Lugo, SD Ponferradina ou Racing de Santander. Jon conta cunha ampla experiencia na Segunda División B con máis de 175 partidos e 9 goles, así como na categoría de prata. Reforzará o centro da zaga as 2 próximas tempadas.
Pola súa banda, con 29 anos, Dani Nieto asina por unha tempada co club ferrolán para achegar velocidade e desequilibrio na banda esquerda. Procedente do Independente do Valle, equipo da LigaPro Serie A (primeira división en Ecuador), no seu haber está 9 partidos en Primeira División, defendendo as cores da SD Eibar, 130 partidos en Segunda División en equipos como o Xirona FC, Alcorcón, FC Barcelona B e CD Numancia, así como un fugaz paso polo AO Xanti grego.
Sen dúbida, unha incorporación ilusionante que non fai máis que reforzar una plantilla case a punto para o inicio da competición no grupo que os enfrotará ao Deportivo da Coruña, Pontevedra, Celta B, Coruxo, SD Compostela, Zamora, Unionistas CF, Salamanca CF e Guijuelo.
Discussion about this post