A Xunta e o Ministerio de Agricultura acordan levantar a prohibición de plantar pataca en Cabanas, A Capela e As Pontes

Medio Rural fará un seguimento exhaustivo das plantacións e manteranse as medidas de control e vixilancia

Potatoes on Market Stall, Santiago de Compostela, Galicia, Spain

A Xunta e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación acordaron hoxe levantar a prohibición de plantar pataca nos concellos de Cabanas, A Capela e As Pontes, entre outros, afectados pola couza guatemalteca. O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, comunicou esta decisión tras reunirse en Madrid con Valentín Almansa, director xeral de Sanidad de la Producción Agraria, nunha xuntanza de coordinación na que tamén participaron responsables do Goberno do Principado de Asturias.

Deste xeito, as diferentes administracións con competencias na materia actúan de xeito conxunto e coordinado para facer fronte á couza, tal e como destacou o representante da Consellería do Medio Rural. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará nos próximos días unha resolución para facer efectivo este acordo. Ademáis dos municipiosn do Eume, o levantamento da prohibición beneficiará os agricultores dos concellos de Ares, Mugardos, Fene, e Ferrol na provincia da Coruña, e dos de Ourol e Abadín, na de Lugo.

 

Bos resultados nas probas

Esta medida xa fora avaliada e proposta na última xuntanza da comisión de seguimento da couza guatemalteca da pataca, que tivo lugar o pasado día 11 de decembro en Santiago. Naquela reunión constatouse unha evolución moi positiva na redución de capturas en todos os municipios da zona infestada e que nestes nove non se rexistrou ningunha nos últimos dous anos, razón que permite levantar as restricións, de forma que os citados concellos pasen de estar en zona infestada á zona tampón.

Isto supón que se permitirá plantar pataca, pero que se fará un seguimento exhaustivo das plantacións por parte da Consellería do Medio Rural e manteranse as demais medidas de control e vixilancia previstas na lexislación, co obxectivo último de controlar a expansión da couza.

Salir de la versión móvil