Aberto o prazo para a solicitude da exención de taxas municipais en Cabanas

O Concello de Cabanas informa de que está aberto o prazo para a solicitude da exención de taxas municipais por recollida de lixo, abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración de augas residuais.

O prazo remata o 31 de xaneiro, e as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais, a través do correo servizos.sociais@cabanas.gal ou no 981 495 959 (ext. 2 ou 6).

Salir de la versión móvil