Aberto o prazo para optar aos postos do mercado eumés

O período de concesión será de 15 anos e se terá en conta a comercialización de productos locais

O alcalde, Bernardo Fernández, no mercado coas concelleiras Ángela Piñeiro e Yolanda Vázquez.

O Concello de Pontedeume abriu o prazo de presentación de proxectos para optar á concesión de uso dos postos do Mercado Municipal, unha convocatoria que remata o día 10 de xaneiro.

Pódese optar a un total de catorce postos, cun período de concesión de quince anos, entre os que se atopan tres peixerías, dúas carnicerías, unha floristería, dúas froiterías, unha chacinería, unha tenda de produtos ecolóxicos e catro postos de produtos alimenticios elaborados ou novedosos.

Á hora de outorgar a concesión, se terá en conta a comercialización de productos locais e de orixe ecolóxica; criterios medioambientais ou a prestación de servizos complementarios, como a entrega das compras a domicilio na área do casco histórico, a presenza en redes sociais, pago con tpvs ou a utilización de maquinaria de baixo consumo.

As instalacións estarán abertas de luns a sábados de 08.00 a 14.30 horas e dúas tardes: os martes e os sábados de 16.30 a 20.00 horas.

“Despois de anos de traballo por problemas herdados do anterior goberno local, o mercado será de novo un eixo clave na dinamización da economía e o comercio local”, asegura o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández.

“Pontedeume terá un gastromercado dinámico, no que terán prioridade os productos de Galicia, da comarca, de elaboración artesanal ou ecolóxicos, con diferentes actividades e degustacións de productos da zona para atraer aos consumidores”, engade Fernández.

 

A ter en conta

As bases do concurso, dispoñibles na páxina web do Concello de Pontedeume, recollen que todos os interesados deben presentar a través da Plataforma de Contratación do Estado, ademáis da documentación administrativa, a memoria descriptiva da actividade e das obras a realizar.


A oferta económica terá unha puntuación de 1 a 60 puntos, tendo a memoria de actividade e obra unha valoración de 1 a 40 puntos.


Desde postos no mercado municipal cun espazo de 10 metros cadrados cun canon mínimo de 900 € e unha mensualidade de 93 €, ata postos cun espazo comercial e almacén de 42,10 m2, cun canon mínimo de 3675 € e unha mensualidade de 385 €.


Durante o pasado mes de outubro, o Concello de Pontedeume realizou unha serie de charlas onde se explicaban os diferentes criterios de valoración que se terían en conta á hora de querer optar a un dos postos, así como sobre a Plataforma de Contratación do Estado.

 

Relacionada: Estudos e análise para garantir o éxito das novas instalacións

Salir de la versión móvil