O Concello de As Pontes aproba os proxectos do POS 2020

Suporán unha inversión da Deputación de case un millón de euros

Vista aérea do Concello de As Pontes.

O pleno do Concello das Pontes aprobou por unamimidade os proxectos financiados pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos (POS+) 2020 e que suporán unha inversión de case un millón de euros.

A achega da Deputación da Coruña inclúen tres partidas, unha de 457.504,85 euros correspondente á aportación provincial do ano 2020, a achega do 2019 para pago a proveedores cunha cuantía de 110.720,35 euros e unha partida de 493,010 euros correspondente ao POS Complementario 2020, que permitirán executar 14 proxectos que seguen a folla de ruta marcada polo goberno municipal para mellorar a calidade de vida da veciñanza e renovar e ampliar os servizos públicos do pobo.

A achega provincial do 2020 permitirá levar a cabo catro actuacións entre as que se atopan a mellora de pavimentos e servizos na Rúa Roseiras á que se destinarán 166.463,89 euros, o asfaltado de estradas nas Cancelas, Poupariña, Esvedral e Penapurreira por 116.269,37 euros. Así mesmo adicaranse 140.382,28 euros á mellora de pavimentos e servizos na Avenida de Ortigueira (FASE I) e 34.389,31 euros adicaranse á reparación e mellora do firme en Gondré e O Castro.

Por outra banda, da asignación da achega do ano 2019 destinaranse 3.000 euros para pago a proveedores e 107.720,35 euros ao saneamento na parroquia de Bermui, na zona de Graña.

Desde o grupo de goberno apuntan que “estes proxectos responden ás demandas da veciñanza, téndose en conta as diversas aportacións realizadas polo tecido social do pobo, contando, desde o primeiro momento, coa súa colaboración”

O executivo local tamén apuntou que se trata de actuacións prioritarias que van permitir seguir avanzando na renovación estrutural e estética do centro urbano e impulsando servizos nas parroquias.

Salir de la versión móvil