Os Fondos Europeos reparten no Eume máis de 193.000 euros para a mellora de accesos a parcelas agrícolas

Os beneficiaros poderán ampliar o ancho de vía, reforzar o firme ou os terrapléns e limpar os marxes

Os cinco muncipios do Eume veranse beneficiados polo Plan Marco de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, co obxectivo de seguir traballando na mellora das infraestruturas rurais. En total, serán 193.550 euros os que reciban os concellos través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), distribuídos en dúas anualidades. A finalidade do plan, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), é darlle un impulso ás condicións de vida nas aldeas mediante o acondicionamento das vías que dan acceso ás parcelas agrarias, que son as canles de entrada e saída das producións rurais.

Co arranxo destes camiños, as axudas do Fondo Europeo contribúen á dinamizar o tecido produtivo e mellorar a capacidade organizativa desas áreas. As achegas van destinadas a facilitarlles aos concellos a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais que dan acceso a parcelas agrícolas, incluíndo tanto actuacións que supoñan un incremento do ancho da vía, como o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Con todo, quedan excluídas as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación.

Para dar servizo a cada unha das localidades, establecéronse uns criterios de distribución das asignacións económicas a partir dun importe fixo por concello, habitante e entidade de poboación, co fin de garantir unha repartición equitativa. A estas variables incorporáronse factores correctores vinculados á superficie, ao peso do campo en cada municipio, así como ao grao de despoboamento e de envellecemento.

Por concellos, as asignacións quedan da seguinte maneira: 32.830 euros para A Capela, 28.078 euros para Cabanas, Monfero recibirá 55.320 euros, As Pontes 48.444 e a Pontedeume se lle asignaron 28.878 euros. Os consistorios teñen de prazo para presentar as súas solicitudes de axuda un mes para contar desde mañá.

Salir de la versión móvil