“750 anos construíndo a historia de Pontedeume”, a nova exposición onde descubrir a fundación da vila eumesa

Haberá un percorrido pola mostra da man do historiador Juan Coira os días 22, 25 e 30 de setembro, e posteriormente abrirá diariamente ata o 4 de novembro

O Concello de Pontedeume inicia o programa de visitas guiadas á exposición “750 anos construíndo a historia de Pontedeume”, que conmemora os sete séculos e medio da fundación da vila eumesa.

Durante o mes de setembro, os días 22, 25 e 30, todas as persoas interesadas poderán asistir a un percorrido pola exposición da man do historiador Juan Coira, un dos comisarios desta mostra, nas que se dará conta da importancia e relevancia da historia e dos contidos que a conforman.

As visitas terán unha duración dunha hora cun aforo limitado de 15 persoas e para a súa asistencia é necesario inscribirse na Oficina de Turismo -Torreón dos Andrade- ou no teléfono 981430270.

A exposición estará aberta ao público de forma diaria na Casa da Cultura ata o 4 de novembro en horario de 18.00 a 20.00 horas.

Salir de la versión móvil