As Pontes optará a unha axuda dun millón de euros para evitar o peche da central térmica

Dende a administración local ven esta axuda adoptada pola Delegación do Goberno como insuficiente e esperan que estas subvencións sigan unha liña ascendente
central-termica-as-pontes

A Delegación do Goberno empregará 7 millóns de euros en axudas -cun importe máximo financiable por proxecto de un millón de euros- para os diferentes proxectos levados a cabo polos concellos afectados por un proceso de peche de centrais termoeléctricas de carbón . No que atinxe a Galicia, os concellos que están incluídos entre os posibles solicitantes son tanto Cerceda como As Pontes, esta última pendente dun fío tras esperar ás probas de biocombustibles que, dependendo dos seus resultados, fará ou non recapacitar a Endesa a súa solicitude de peche.

Entre os criterios para valorar as propostas, destaca a xeración de emprego sostible, seguido pola localización da inversión nos concellos afectados. As novas tecnoloxías, o aproveitamento dos recursos propios, o desenvolvemento da actividade e o arrastre duotras actividades son outros dos criterios contemplados.

Pola súa banda, o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, foi claro tras ser preguntado por estas novas axudas, e a pesar de agradecer este tipo de iniciativas que deben ir a máis recriminou o seu importe: » o importe lóxicamente é moi pequeno, dende o goberno local esperamos se incremente considerablemente tanto a cantidade monetaria destas subvencións como o tipo de proxectos ao que vaian pensadas», afirmaba o rexedor.

Probas de biocombustibles

Xa a principios de ano levouse a cabo unhas probas de mixtura de mineral e carburantes ecolóxicos que non obtiveron os resultados esperados, polo que despois de realizar a calibración do proceso de sulfuración -alongarase ata mediados de agosto ou setembro- non se comezará coa segunda tanda de probas.

Precisamente estas segunda tanda de probas ten prevista dúas alternativas: unha composta por un 49% de mineral de carbón e un 51% de lodos procedentes de depuradoras; e outra na que o 50% é carbón subbituminoso e a outra metade un composto dun alto poder calorífico.

Finalmente, o edil de As Pontes quixo lembrar a prudencia coa que se está a facer estas probas, para así poder entrar na segunda fase – e non menos complexa- que é a de obter unha certa viabilidade económica dos resultados. «Ao final que a central sexa capaz de queimar estos residuos vai esixir despois que exista un volume suficiente destes mesmos para que as cifras sexan rentables».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.