Dúas persoas resultaron feridas de consideración nun choque frontal lateral entre dous turismos, un Ford Transit e un Dacia Sandero, rexistrado na mañá deste venres no concello de A Capela.
Segundo indicaron fontes do 112 Galicia, as dúas vítimas, condutores dos vehículos, foron evacuadas ao Hospital Arquitecto Marcide; unha delas, MA.C.G. de 29 anos de idade, nun helicóptero medicalizado mobilizado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a outra persoa ferida, un home de 54 anos, C.M.B. nunha ambulancia de soporte vital básico (asistencial) acompañado por un equipo sanitario de Atención Primaria da Capela
O sinistro produciuse ao fío das 11.00 horas na AC-564 , na estrada que une Cabanas e As Pontes, concretamente no punto quilométrico 13,600, a alturo do cruce de As Neves. Foi unha persoa particular quen alertou do accidente ao 112 Galicia, que movilizou aos Bombeiros do Eume, á Garda Civil de Tráfico, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ao servizo de mantemento da estrada.