Endesa contabiliza máis de 200 exemplares de mamíferos nos seus parques eólicos de Ferrolterra

A través de este estudo encargado pola empresa eléctrica logrouse acreditar a compatibilidade dos mamíferos salvaxes cos parques eólicos

Os parques eólicos non alteran a vida dos mamíferos salvaxes que poboan os montes galegos. Así o pon de manifesto un estudo científico, utilizando técnicas de fototrampeo, que Endesa realizou nas súas instalacións ao longo de doce meses. A existencia, a cantidade e os hábitos da fauna salvaxe nos parques non difiren do que hai na súa contorna, segundo demostrouse despois do seguimento por parte de expertos alleos á compañía.

O estudo promovido por Endesa –o primeiro do seu xénero que se efectúa en España- é relevante tanto polo coñecemento que achega como pola súa singularidade, xa que a atención sobre a fauna nas contornas eólicas habitualmente só se centra nas aves e os quirópteros. O traballo dos biólogos desenvolveuse de inicio, durante catro meses, na totalidade dos dezaoito parques eólicos que en Galicia xestiona Endesa a través da súa filial de enerxías renovables, Enel Green Power España.

Coa información recollida, os especialistas seleccionaron os seis parques máis representativos dos distintos hábitats da comunidade: Barbanza (Pobra do Caramiñal e Porto do Son), Capelada (Cedeira, Cariño e Ortigueira), Coto Teixido (As Pontes), Faladoira (As Pontes e Mañón), Leboreiro (Muras) e Touriñán (Aranga e Monfero). Nestas instalacións, continuaron a recollida de información ata completar doce meses de campaña, entre febreiro de 2019 e xaneiro de 2020.

O traballo de campo consistiu na obtención de testemuños gráficos da presenza de mamíferos por distintos lugares dos parques que os biólogos identificaran como zonas adecuadas para a alimentación, a reprodución ou o refuxio da fauna. Para tal fin dispuxeron de corenta cámaras de tres modelos distintos, que se disparaban por medio de sensores de movemento. Os aparellos eran revisados e descargados cada mes.

O parque eólico onde se rexistrou unha fauna máis numerosa e diversa foi o de Touriñán, en Aranga e Monfero, onde se captaron 129 fotografías, das que 9 eran de lobos, 34 de raposos, 3 de martas, 2 de teixugos, 42 de corzos, 19 de cervos, 15 de jabalíes, 1 de comadreja, 3 de lebres e 1 de rato de campo.

En Coto Teixido (As Pontes), as cámaras captaron 81 fotografías: 27 de lobo, 26 de raposo, 5 de corzo, 18 de xabaril e 3 de lebre. Na outra instalación das Pontes, Faladoira, rexistráronse 21 imaxes: 6 de lobo, 11 de raposo, 1 de cervo, 2 de xabaril e 1 de lebre.

No parque eólico de Capelada, próximo á costa de Cedeira, foron tomadas 45 fotografías nos doce meses que durou o traballo de campo: 31 corresponderon a raposo, 1 a gato montés, 1 a teixugo, 4 a corzo e 8 a xabaril.

Coas imaxes e outra información obtida no traballo de campo, o equipo de ambientalistas mobilizado por Enel Green Power España concluíu que “a comunidade de mamíferos presente nos parques estudados non difire da existente na contorna”. Tamén sinalou que “a diversidade da fauna nos parques depende en primeiro lugar da diversidade e grao de conservación dos hábitats” en cada explotación eólica.

Subliñan os investigadores que os mamíferos non senten condicionados pola proximidade a infraestruturas eólicas nin polo funcionamento das mesmas. Tanto é así que “se detectaron exemplares de lobo, raposo, corzo ou lebre nos tramos máis curtos de distancia (de 0 a 50 metros) e cos aeroxeradores ao máximo rendemento”.

Salir de la versión móvil