Entrevista a Manuel Meizoso, alcalde de A Capela

"Tanto dende o Goberno central como dende o autonómico nos tratan como se fosemos menores de idade"

Manuel Meizoso, alcalde de A Capela

Estamos a comezos de lexislatura. Cales son os proxectos principais para o Concello nos próximos anos?

O principal proxecto ou reto é a demografía, facer un concello con mellor calidade de vida para que sexa atractivo tamén para a xente de fóra, e tentar de manter e mellorar uns servizos públicos de calidade para os nosos veciños.

Un dos grandes retos é o demográfico. Que medidas se poden tomar desde os concellos para aumentar a poboación?

Como dicía, ese é o reto máis difícil. Cos salarios de hoxe en día é moi difícil que moitas parellas poidan formar familia. Dende o Concello estamos a traballar nalgunhas propostas. A primera é crear un espazo coworking, cun alquiler mínimo durante os primeiros dous anos, para que os nosos xóvenes teñan un sitio para arrancar a súa vida profesional. Tamén estamos a traballar nun documento para poñer unhas taxas mínimas nos servizos de ocio e deportivos, das que poderán beneficiarse as persoas que estén empadroadas en A Capela.

Considera que os concellos asumen competencias que deberían asumir a Xunta ou o Goberno central?

Si, e creo que deberíamos negarnos. Cada vez nos meten máis, pero a costa de rebaixarnos o fondo de cooperación local, e de incumprir o pacto local.

Necesitan os concellos outro modelo de financiación, ter unha maior autonomía económica?

Eu creo que si, porque tanto dende o goberno central como dende o autonómico nos tratan como se fosemos menores de idade. Sobretodo hai que pedirlle á Xunta de Galicia un reparto de fondos parecido ó modelo da Deputación de A Coruña.

Xa falando desde un punto de vista comarcal, como é a relación cos outros concellos do Eume?

A relación cos concellos da contorna é moi boa. É moi boa tanto cos da nosa provincia como cos da provincia de Lugo.

Deberían compartir máis servizos entre os concellos da comarca? Sería posible unha maior colaboración?

Claro que deberíamos compartir mais servizos.Pero vivimos en concellos rurais e as distancias son moi grandes. Compartir servizos entre concellos é moi difícil cando do que se trata é de achegar os servizos ós veciños.

 

 

Salir de la versión móvil