Éxito de participación no Trail Mosteiro de Caaveiro

O entorno das Fragas do Eume enmarca esta competición
Foto realizada por Manuel Domínguez Cano.
Foto realizada por Manuel Domínguez Cano.

O espectacular entorno das Fragas do Eume, ó seu paso polo Concello de A Capela, converteuse por cuarto ano consecutivo no escenario dun dos eventos deportivos con máis repercusión de toda a comunidade galega: o Trail Mosteiro de Caaveiro.

Unha proba que, a pesares de ter que cambiar o seu circuito no último momento a causa do mal tempo, contou cuns seiscentos participantes entre os competidores do trail longo (arredor de 27 quilómetros ), o trail curto (14,5 quilómetros) e a andaina considerada non competitiva.

No trail curto os gañadores na categoría absoluta foron Romina Reimondo e Brais Otero, mentres que o primeiro posto entre os corredores veteranos foi para Vanesa Casas e David Cano. No circuito longo conseguiron coronar o podio Carla Trillo e Marcos Trelles, e entre os veteranos os primeiros postos foron para Mercedes Margareto e Julio Esmorís.

Os máis vellos e os máis novos da competición tamén recibiron os seus premios: nas categorías de “Corredor máis xoven”, Carlos Fernández e Ana Bort, e na de “Corredor de máis idade”, Ramón Bellas e Virginia Jiménez.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.