Grito unánime: “Queremos pediatra tódolos días”

Nenos e nenas de A Capela súmanse a unha campaña audiovisual para reclamar á Xunta de Galicia un servicio pediátrico de calidade
Video protesta pediatría

Os concellos do rural galego están fartos da xestión da sanidade pública, e en concreto da área de pediatría, que está a levar a cabo o goberno galego.

Levan meses protestando pola supresión do servizo itinerante de pediatría e pola falta de substitución dos profesionais nas baixas, reclamando que, dunha vez por todas, se de cobertura a tódalas prazas e se deixe de xogar coa saúde das persoas, en este caso dos nenos. Por este motivo colectivos de pais e nais de oito concellos da zona de Ferrolterra, entre eles o da Capela, decidiron sumar  as súas voces para participar nunha campaña viral de protesta que ten como protagonistas ós afectados máis directos: os nenos e nenas.

A compañía Feitizo Video montou -de forma desinteresada- unha chamativa peza audiovisual en branco e negro na que os pequenos reclaman un servizo de pediatría de calidade, con frases como “queremos pediatra tódolos días” ou “quero coñecer ó meu pediatra”.

Reclaman non só que se poña solución á falta de facultativos, senón tamén postos fixos para non atoparse cunha cara nova cada vez que cruzan as portas do centro de saúde.

Esta iniciativa, pese a non ter aínda resposta por parte da Xunta, logrou xa o primeiro obxectivo: ser viral nas redes.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.