O ExpoFest Mosteiro de Caaveiro volve a A Capela con música para acompañar á Festa do Requeixo

O ExpoFest Mosteiro de Caaveiro, que se celebrará no recinto de As Neves o 27 de agosto, terá un programa para tódalas idades
Unha edición anterior da Festa do Requeixo da Capela | CONCELLO DA CAPELA
Unha edición anterior da Festa do Requeixo da Capela | CONCELLO DA CAPELA

A tradicional Festa do Requeixo en A Capela volverá a estar acompañada polo ExpoFest Mosteiro de Caaveiro, unha cita que tamén se celebrará no recinto de As Neves o 27 de agosto cun programa pensado para tódalas idades.

Así, a xornada comezará co Festi Infantil, que se iniciará ás 16:00 horas cun obradoiro de queixo e prolongarase ó longo da tarde con actividades como un obradoiro de tattoos, xogos populares e mesmo unha festa holi ás 19:00 horas.

A partir das 20:00 horas chegarán os concertos, con actuacións de A Banda do Garaxe, Cortem, The Cruze e, xa para rematar, Galicia Army DJ a partir das 00:30 horas.

A entrada deste evento, organizado polo Concello da Capela co patrocinio da Deputación da Coruña, é totalmente de balde.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.