As Fragas do Eume conforman un dos bosques atlánticos mellor conservados de todo o continente europeo, declarado Parque Natural no ano 1997.
Máis de nove mil hectáreas de natureza prácticamente virxe: unha auténtica xoia verde que acompaña ó río Eume ó seu paso polas comarcas de Pontedeume, Cabanas, A Capela, Monfero e As Pontes de García Rodríguez.
A vexetación, a agua, e o clima das Fragas, caracterizadas por ter unha humidade e temperatura prácticamente constantes, son o que permiten o mantemento deste magnífico ecosistema, no que podemos atopar especies animais e vexetais en perigo de extinción.
Acompañando ó río Eume ao seu paso polos cinco concellos que forman a comarca atopámonos cunha xoia verde de valor incalculable
Miles de criaturas residen neste Parque Natural. A inmensa maioría delas son diminutas, pero extraordinariamente numerosas. Están catalogadas 15 especies de anfibios, 14 especies de réptiles, 8 especies de peces, 103 especies de aves e 41 de mamíferos.
A mellor forma de coñecer as Fragas do Eume é camiñando pola súa rede de sendeiros, que suma un total de 8 rutas e 60 kilómetros sinalizados.
A máis coñecida é a ruta de Os Encomendeiros, que permite atravesar as pontes colgantes de Cal Grande (a que é habitual atopar nas fotos dos centos de visitantes), Fornelos e Santa Cristina, e chegar ata o impresionante mosteiro de Caaveiro.
Pero tamén temos a opción de navegar entre as Fragas: a bordo dun kaiak pódense percorrer os 10 quilómetros de lonxitude do río Frei Bermuz ata a súa confluencia co Eume. Un paseo tranquilo, que permite pequenas paradas para desfrutar da paisaxe, e que supón un plan ideal para unha xornada en familia.
Sexa cal sexa a opción escollida para coñecer as magníficas Fragas do Eume, visitalas é unha experiencia única da que todos deberíamos gozar alomenos unha vez na nosa vida.
9.125 hectáreas
Este Parque Natural ten unha superficie equivalente a 10.000 campos de fútbol.
500 persoas
Son as que teñen o privilexio de vivir neste espectacular escenario.
Vexetación : Neste bosque podemos atopar carballos, chopos, fresnos, castiñeiros, bidueiros, acivros, sobreiras, vinte variedades de fieitos, 200 especies de líquenes…
Anfibios : O seu clima húmedo e sombrío é ideal para os anfibios, polo que podemos observar ata 15 especies diferentes.
Aves: Azores, curuxas, falcóns peregrinos, corvos, milanos reais, mirlos… gozan da súa liberdade nesta paraxe natural.
Mamíferos: Nutrias, garduñas, corzos, raposos, cervos, porcos bravos, gatos monteses … e nas zonas máis altas e apartadas dos núcleos de poboación tamén hai maxestuosos lobos.
Oito rutas: Son as que nos permiten coñecer a pé as Fragas : Camiño dos Encomendeiros, Camiño da Ventureira, Camiño Cumios de Sanguiñedo, Camiño dos Cerqueiros, Camiño de Pena Fesa, Camiño da Pasada Vella, Camiño de Fontardión e Camiño dos Corzos. Mais unha ruta acuática en kaiak.
O acceso atópase na localidade de Pontedeume, onde podemos coller a estrada DP-6902, paralela ao río Eume, até chegar ao Centro e interpretación. A entrada é de balde.
Máis información
•Centro de Interpretación das Fragas do Eume (Pontedeume) : Lugar de Andarúbel. Carretera de Ombre a Caaveiro, km 5. Teléfono: 981 432 528.
• Centro de Visitantes de Monfero: Carretera DP-5003 s/n. Teléfono 881 063 992.