Un mosteiro solitario en harmonía coa natureza

Mosteiro de Caaveiro.

Mosteiro de Caaveiro.

292

En medio da impresionante paisaxe das Fragas do Eume, ubicado no Concello de A Capela, descubrimos un auténtico icono deste Parque Natural: o Mosteiro de Caaveiro.

Unha construcción en pedra que se remonta ó ano 934, e que tras unha intensa labor de rehabilitación, que mesmo acadou o Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico, conseguiu converterse nun só nun punto de referencia turístico, senón tamén nun lugar de culto para os amantes da arquitectura.

Agochado entre a espesura das Fragas do Eume atopamos un edificio con 1200 anos de historia concebido como un remanso de paz

 

Cada ano miles de visitantes se achegan a este vello cenobio de estilo románico, que pola súa situación de illamento servía de retiro ocasional para un pequeño grupo de canónigos, e que hoxe segue transmitindo a mesma sensación de paz.

O Mosteiro de Caaveiro pode visitarse en calquera época do ano, contando coa posibilidade de disfrutar dunha visita guiada gratuíta na que coñecer a historia e os múltiples segredos deste máxico lugar.

Das oito rutas de sendeirismo que percorren as Fragas do Eume é a máis coñecida e transitada, a Ruta dos Encomendeiros, a que conduce ata este emblema arquitectónico. Tamén existe a posibilidade de chegar ata o mosteiro nun bus lanzadeira, financiado pola Deputación de A Coruña, que parte dende o Centro de Visitantes cada hora.

O Mosteiro de Caaveiro foi declarado Monumento Histórico Artístico e Ben de Interese Cultural pola súa importancia arquitectónica

 

Ó gran atractivo turístico deste edificio histórico súmase unha ampla oferta cultural. Destacan, durante os meses de verán, a celebración da “Noite no Mosteiro”, consistente nunha espectacular iluminación escénica do vello cenobio, e os “Encontros ca Historia”, que cada ano alternan as teatralizacións e exposicións inspiradas na época medieval co impulso dos productos da zona a través de postos artesanais.

60.572 persoas  

Achegáronse ó Mosteiro de Caaveiro no ano 2019, o que supón 4.346 visitantes máis que en todo 2018.

70.000 euros 

Destina a Deputación de A Coruña a financiar o servizo de atención a visitantes e a programación cultural de Caaveiro durante o 2020.

 


Calendario de atención a visitantes:

•Semana Santa: Do 3 ó 13 de abril. Tódolos días, incluídos domingos e festivos, de 11.00 a 19.00.
•Tempada de primavera: Do 14 de abril ó 30 de xuño. Venres, sábados, domingos e festivos de 11.00 a 18.00.
•Tempada de verán: Do 1 de xullo ó 15 de setembro. Tódolos días, de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00. Incluídos domingos e festivos, de 11.00 a 19.00.
•Outono – Inverno: Do 16 de setembro ó 2 de abril. Venres, sábados, domingos e festivos de 11.00 a 19.00.

 

 

Relacionado:

A Capela contará co seu propio centro de recepción de visitantes das Fragas

A Deputación destina 70.000 euros para financiar o servizo de atención a visitantes e a programación cultural de Caaveiro

Salir de la versión móvil