A praia de Ber de Pontedeume xa conta cun novo sistema que permite coñecer o nivel de ocupación do areal

Con este modelo os bañistas que o desexen poderán consultar a dispoñibilidade da praia para así respetar a distancia de seguridade por mor da Covid-19

O Concello de Pontedeume puxo en marcha este sábado 25 de xullo un sistema de información en tempo real sobre o nivel de ocupación da praia de Ber de Pontedeume. Con esta nova achega todas as usuarias e usuarios poden consultar a dirección http://controlpraias.pontedeume.gal antes de acudir ao areal para coñecer o seu nivel de ocupación.

Grazas a este sistema de conteo que rexistra o número de persoas que entran e saen do areal e tendo en conta o nivel da marea en cada momento se controla o aforo dispoñible para acceder a dita praia e poder cumprir coas respetivas medidas de seguridade provocadas pola Covid-19. A maiores dito sistema conta cun apartado de semáforos que indica este nivel de ocupación -alto, medio ou baixo- regulando así o acceso dos bañistas, os cales deben entrar pola marxe esquerda da praia onde se atopan os servizos de socorristas.

A administración local quere trasladar á veciñanza que o obxectivo deste novo modelo é o de cumprir coas distancias de seguridade impostas pola crise sanitaria na que nos atopamos por mor da covid-19, e que sexa de utilidade para todos aqueles que desexen achegarse ata o areal con información en tempo real sobre a situación de ocupación.

Ademáis, insisten en que o acceso á praia debe realizarse utilizando a marxe da esquerda do areal, inhabilitando o resto de accesos para garantir un control exhaustivo no número de entradas e saídas realizadas.

Salir de la versión móvil