Aparece san e salva a muller desaparecida desde onte en Miño

Foi atopada nun área de descanso de Guísamo, pero polo momento se descoñecen os motivos da súa marcha
1317097_1

As labores de búsqueda da veciña de Pontedeume que desaparecera dende onte deren resultado. A muller foi localizada san e salva esta mañá, contra as 11.00 horas, no área de descanso de Guísamo. Polo momento se descoñecen as causas polas que marchou sen avisar á familia, pero confirmaron que se atopaba en bo estado de saúde.

As alarmas saltaron o luns cando non foi recoller a súa filla ao colexio sobre as dúas da tarde e non daba sinais de vida. Foi entonces cando se puxo en marcha un dispositivo de búsqueda por parte da Garda Civil e da Policía Local de Miño, lugar onde residía actualmente a muller de 46 anos. A búsqueda ampliouse onte a noite polo concello de Pontedeume, que era onde traballaba.

A familia agradeceu a implicación de amigos e veciños de Miño, que tamén participaron nas labores de búsqueda durante toda a xornada do luns.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.