As Festas das Peras terán que adaptarse á nova situación sanitaria

A famosa festividade cambiará súa programación para evitar contaxios, polo que dende o Concello optarán por realizar actividades de pequeno formato
69639936_2475038329400236_9061241346462842880_o

A veciñanza de Pontedeume e todos aqueles visitantes que pasan os primeiros días de setembro gozando da programación que ten preparada para eles ás tradicionais Festas das Peras non poderán facelo nesta ocasión. A actual crise sanitaria motivada pola Covid-19 obriga ao goberno local a deixar a un lado a masiva festividade que se leva a cabo cada  ano, pero aínda así seguirá a haber troula para rato.

Actividades de pequeno formato

O Concello de Pontedeume ten previsto organizar varias actividades de pequeno formato e aforo limitado desde este domingo, 6 de setembro, con motivo das Festas das Peras 2020, como sustitución á tradicional programación cancelada pola pandemia do coronavirus.

A afluencia de xente ía en aumento ano tras ano nestas festas que contan cunha gran fama entre as comarcas lindeiras, e a casa consistorial asumen que neste momento suporían un gran risco para a cidadanía local, polo que na medida do posible vanse evitar concentracións masivas que poidan supoñer algún risco para a saúde dos asistentes.

«Por este motivo, non poderemos desfrutar de actividades tan arraigadas e tan nosas como a saída dos mómaros, a cucaña, o concurso de froitas, o combate naval, os fogos de artificio ou a xira ao río Eume, que poderían orixinar situacións non recomendables dentro da situación pandémica que estamos a padecer», explica a concelleira de Cultura e Comercio, Ángela Piñeiro.

Adaptación á nova situación

Desde o Concello de Pontedeume fan un chamamento á responsabilidade individual da veciñanza para que esta  actúe durante estes días con prudencia, ademais de enviar «un afectuoso saúdo á comisión de festas así como aos sectores de hostalaría e comercio, que coa súa colaboración estaban a converter estas festas nun referente a nivel autonómico».

Para non esquecer unhas datas tan sinaladas no calendario eumés, o concello organiza unha serie de actividades de pequeno formato cumprindo con todos os plans de prevención e seguridade precisos como son visitas guiadas, ofrendas, misas, concertos ou recitais poéticos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.