As Festas de Santa Marta de Cabanas prepáranse fronte a Covid-19

A tradicional festa coa feira, diferentes actuacións e a súa romaría incorporará novas e estritas medidas de seguridade para non frearse polo virus
feira

O Concello de Cabanas vén de anunciar a programación das Festas de Santa Marta 2020 e debido a actual situación esta será unha edición diferente, xa que estará marcada polas medidas especiais de prevención establecidas pola Covid-19.

A programación de actividades arranca o venres 31 de xullo á mañá coa Feira de Santa Marta, unha feira extraordinaria que acollerá no Paseo da Madalena postos con diferentes produtos, e que estará aberta ao público durante toda a fin de semana en horario de 11.00 a 21.00 horas.

O mesmo venres 31 ás 22.30 horas haberá sesión de cinema ao aire libre coa proxección do filme «Quen a ferro mata», protagonizada por Luis Tosar e recomendada para maiores de 16 anos. O domingo día 2, tamén ás 22.30 horas, proxectarase a cinta “Los Futbolísimos”, unha opción para todos os públicos dirixida por Miguel Ángel Lamata. Por motivos de seguridade, en ambos casos é preciso reservar praza antes das 14.00 horas do xoves 30 de agosto chamando ao 981 495 959.

O sábado 1 de agosto, a partir das 17.00 horas, o Mago Romarís ofrecerá o seu espectáculo “Maxia á feira”, e xa coa caída do sol, ás 20.00 horas, será o momento da música coa actuación dun pasarrúas a cargo dos Festicultores.

O día seguinte acollerá a tradicional romaría de Santa Marta. O Concello ponlle espeical atención a esta festividade e chama a recuperar a tradición dos xantares populares en familia e coas amizades ao longo do Piñeiral da Madalena, eso si sen deixar a un lado as medidas de seguridade en canto ao uso de máscaras, tamaño dos grupos e distancia interpersoal. A nota musical virá dada pola actuación do pasarrúas Latexo, que percorrerá o entorno co seu espectáculo a partir das 15.30h.

Desde o Concello de Cabanas animan á veciñanza e visitantes a participar das diferentes actividades programadas para gozar dunhas festas de Santa Marta adaptadas aos novos tempos, e piden a implicación de todas e todos para seguir as recomendacións sanitarias e facer que sexan unhas festas seguras.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.