As obras no Porto do Liño gozarán dun orzamento de máis de 30.000 euros

Franciso Gómez y CIA serán as empresas encargadas de levar a cabo a remodelación na parroquia pontesa da Faeira

El Concello de As Pontes

O Concello das Pontes adxudicou esta semana á empresa Francisco Gómez y CIA unha nova fase das obras de mellora do firme en Porto do Liño, na parroquia pontesa da Faeira.

Este proxecto conta cun orzamento total de 30.990,93 euros, o cal permitirá a rehabilitación do camiño municipal e mellorar a súa calidade estrutural e superficial, aumentando deste xeito a seguridade viaria na zona.

Os traballos previstos contemplan o barrido da superficie e a limpeza das marxes. Nos entroques coa estrada existente fresarase o firme para rematar correctamente a reparación realizada mentres que naquelas zonas onde a estrada se atope afundida realizarase o bacheado previo.

Así mesmo, executarase unha nova capa de rodadura de cinco centímetros de formigón bituminoso. As obras rematarán coa reposición da sinalización horizontal.

Salir de la versión móvil