As Pontes organiza unha xornada virtual para informar sobre o Programa Reindus

O vindeiro martes 11 levarase a cabo unha videoconferencia para explicar este proxecto que pretende impulsar o tecido empresarial da comarca
safe_image (1)

O Concello das Pontes organiza unha xornada virtual sobre os instrumentos financeiros ca Administración Xeral do Estado pon a disposición do tecido empresarial para mellorar a competitividade industrial é contribuír á reindustrialización dos territorios.

A través desta iniciativa impulsada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, o Concello busca ofrecerlles aos empresarios industriais das Pontes información sobre a convocatoria especial do ano 2020 do Programa Reindus, que contempla préstamos de ata 800.000 euros, destinada a proxectos de investimento industrial para a creación de establecementos industriais, melloras e/ou modificacións nas liñas de produción e para a implementación produtiva de tecnoloxías da «Industria Conectada 4.0», tales como os sistemas intelixentes, sensores wearable, realidade virtual e impresión 3D ou robótica.

Ao final do encontro, as empresas participantes terán ocasión de manter reunións bilaterais para tratar as súas peticións e casos concretos con técnicos do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo na que se resolverán dúbidas e ofrecerase asesoramento individualizado.

Desde o Concello das Pontes, a responsable de Industria, Ana Pena, co obxectivo compartido de impulsar a industria local, convida a todas as empresas das Pontes a participar neste encontro que terá lugar o martes 11 de agosto ás 10.30 horas a través de videoconferencia.

As empresas interesadas en participar neste encontro virtual gratuíto poden poñerse en contacto co IPPEC para obter máis información, en horario de mañá, de 08.30 a 14.30 horas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.