A biblioteca de As Pontes trasládase temporalmente ao mercado municipal por obras

A reapertura ao público está prevista para mediados de novembro
Biblioteca municipal de As Pontes
Imagen de archivo de la biblioteca municipal de As Pontes.

O próximo 31 de outubro comezará en As Pontes o traslado provisional da biblioteca municipal Rivera Rouco á primeira e segunda planta do mercado municipal por mor do inicio das obras de reurbanización da Praza da América. A instalación pechará as súas portas para rematar as tarefas de embalaxe dos fondos bibliográficos así como do mobiliario procedendo ao seu traslado á sede temporal, entre os días 4 e 6 de novembro.

A apertura ao público está prevista para mediados de novembro aínda que condicionada ao remate dos traballos de acondicionamento e iluminación do espazo. Durante o proceso de traslado da biblioteca, o servizo de préstamo de libros prolongará o prazo de devolución de exemplares ata o día da apertura, quedando sen efectividade as posibles sancións por entregar os libros e outros materias bibliográficos e audiovisuais fóra de prazo.

Por outra banda, en relación a todas as actividades que se viñan desenvolvendo desde biblioteca, mantense o horario e localización das propostas do Xoves na Biblio que seguirán a desenvolverse na Casa Dopeso, ás 18:00 horas, dous xoves ao mes. O club de lectura reunirase, unha vez rematado o traslado, na nova sede da biblioteca, en horario de tarde mentres que o programa Relendo a Vida, cambiará de espazo para levar a cabo as súas actividades na Casa Dopeso.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.