A cabalgata de As Pontes repartirá 600 quilos de lambetadas

O séquito que acompañará aos Reis Magos de Oriente terá máis de 250 metros de lonxitude
Arquivo - Cabalgata dos Reis Magos en As Pontes
Arquivo - Cabalgata dos Reis Magos en As Pontes

A Cabalgata das Pontes regresa este ano á normalidade é os Reis Magos e os seu séquito, subiranse ás carrozas para percorrer, na tarde do 5 de xaneiro, as rúas do centro urbano, despois de visitar durante a mañá diferentes asociacións veciñais nas parroquias pontesas. Nesta ocasión, a cabalgata de Reis das Pontes superará os 250 metros de lonxitude, sendo a máis longa da provincia, e estará integrada por tres vehículos clásicos e sete carrozas, desde as que as súas maxestades repartirán 600 quilogramos de caramelos, coa axuda de 150 nenos e nenas da vila.

Formarán parte do cortexo real, bonecos de neve sobre rodas, fadas, paxes e elfos, pertencentes aos clubs de patinaxe,  de hóckey  e de ciclismo da vila, que acompañarán aos reis sobre os seus patíns e bicicletas ademais haberá un grupo de personaxes da Laponia que animarán con danzas, equilibrios e malabares as rúas da vila, ao paso da cabalgata de Reis. A saída da Cabalgata será ás 18:00 horas, da Rúa Monte Caxado e discorrerá pola Avenida de Ortigueira, Avenida Castelao, Praza do Hospital para continuar pola Avenida de Galicia, subir pola Rúa Rosalía de Castro e Avenida de Ferrol

A continuación os Reis Magos serán recibidos, no patio do Colexio Santa María, polo goberno local,  e os nenos e nenas da vila poderán falar con eles e entregarlles as súas cartas. Ao mesmo tempo,  mentres a rapazada agarda para falar coas Súas Maxestades, haberá xogos infantís.

Xa sobre ás 20:00 horas e como remate da cabalgata, na carpa instalada no patio do Colexio Santa María haberá un concerto de rock para o público máis novo da man da banda Rock Kids Le Suite Band e haberá tamén chocolate quente e roscón de reis para o público asistente. Desde o Concello das Pontes animan á veciñanza da vila e da comarca a acompañar as Súas Maxestades, nunha noite que será máxica e inesquecible no só para as nenas e os nenos senón tamén para as persoas adultas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.