A Deputación destina 100.000 euros a catro clubs náuticos

Os beneficiarios das axudas son o Club de Vela Fluvial de As Pontes, o Club del Mar de Cariño, o Club Náutico Ría de Ares e o Club Salv-Ar de Arteixo
Club de Vela de As Pontes
Club de Vela de As Pontes

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional das axudas correspondentes ao programa de subvencións aos clubs de remo, piragüismo, vela e salvamento, socorrismo da Provincia da Coruña para a adquisición de vehículos de uso deportivo para este ano 2023. As organizacións beneficiadas son catro: o Club de Vela Fluvial de As Pontes, o Club del Mar de Cariño, o Club Náutico Ría de Ares e o Club Salv-Ar de Arteixo. Cada unha das catro asociacións percibirá un total de 25.000 euros para adquirir os novos equipamentos, que deben ter un orzamento mínimo xustificable de 31.250 euros. No caso de que o importe sexa inferior, a achega provincial reducirase na porcentaxe máxima de financiamento, que é o 80%.

Poderanse gastar en elementos vinculados ao transporte, como vehículos e remolques, así como na súa adquisición, adaptación ou na súa rotulación. Estas achegas por parte da entidade provincial teñen como obxectivo dotar ás entidades de medios adecuados para o transporte das embarcacións necesarias  para a práctica deportiva, permitíndolles competir e desempeñar o seu labor no día a día nas mellores condicións.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.