A fashion night ‘Móvete x As Pontes’ regresa tras dous anos de parón

Terá lugar este sábado a partir das 17:00 horas e contará con grandes escaparates de moda ao aire libre, música, verbena e a visita de Eva Iglesias e Natalia Maquieira
Arquivo - A última edición foi no 2019, antes da pandemia
Arquivo - A última edición foi no 2019, antes da pandemia

A fashion night Móvete x As Pontes, promovida polo Concello das Pontes e a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de As Pontes (Cohempo) regresa o sábado, 11 de xuño, tras dous anos de parón provocado pola Covid-19, con un programa de actividades orientado a convertir ao municipio nun punto de encontro das persoas amantes da moda e dinamizar o sector comercial local.

Elena López, concelleira de Comercio e Hostalería remarcou a importancia de retomar esta iniciativa xa que “o comercio de proximidade ten unha gran importancia como motor económico e social da nosa vila, contribúe a crear un tecido sectorial sólido, xerador de centos de empregos, e constitúe un dos eixos do desenvolvemento local e do dinamismo do pobo.

Esta nova edición da festa do comercio das As Pontes, comezará ás 17:00 horas e inclúe desfiles de moda na rúa nos que os establecementos amosaran ao público as últimas tendencias de moda, complementos e beleza cara o verán e que farán das Pontes un gran escaparate ó aire libre coas propostas comerciais do municipio.

Así mesmo, ao longo de toda a tarde, Eva Iglesias, colaboradora no programa da TVG, Land Rober-TunaiShow e Natalia Maquieira, CEO e socia fundadora de PASOAPASO Agency, experta en comunicación dixital de marcas de moda, visitarán os establecementos participantes en Móvete x As Pontes, onde a veciñanza e as persoas visitantes poderán conversar con elas.

Os locais participantes prolongarán o seu horario de apertura ata as 00:00 horas para ofrecer, á veciñanza e persoas visitantes descontos especiais, promocións e sorteos. Ademais algúns establecementos ofrecerán á súa clientela concertos de música en directo, actuacións de dj´s, obradoiros para nenos e numerosas sorpresas. Asemade, durante toda a celebración, varias charangas percorrerán as rúas do pobo, animando a comerciantes, veciñanza e visitantes.

Finalmente, entre todas as persoas compradoras repartiranse premios valorados en 600 euros, a través de tarxetas rasca, para gastar durante a celebración da fashion night nos establecementos que participan nesta iniciativa.

A concelleira invitou a todos os veciños e veciñas e visitantes a gozar desta gran festa do sector comercial local, a vivir unha noite diferente entorno ao mundo da moda e do pequeno comercio, amosando o seu apoio á economía local, mercando no comercio pontés e investindo no futuro de As Pontes.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.