A chegada do Entroido á comarca non ven so acompañada de cabalgatas e disfraces, senón tamén das primeiras festas gastronómicas do ano. Unhas das máis tradicionáis é a do grelo de As Pontes, que o domingo 23 de febreiro celebrará a súa cuadraxésima edición. Como cada ano, unha das grandes atraciones erá o tradicional concurso de cestas de grelos, que repartirá máis de 1.500 euros en premios.
Aqueles que queiran participar no concurso, deberán de inscribir entre as 08:00 a 10:00 horas, o día 23 de febreiro, na carpa instalada no Colexio Santa María. Unha condición obligatoria para poder participar é que os grelos deben presentar en cestas que conteñan como mínimo dez madas. Ademáis, só se admitirá un concursante por unidade familiar, que debe ter un mínimo de 16 anos.
A partir das 10:00 da mañá, o xurado, integrado por cociñeiros, un crítico gastronómico e un concelleira, comezará o reconto e a avaliación das cestas concursantes. Unha vez feitas al deliberacións, outorgaranse os premios en dúas categorías. Os premios á calidade terán unha cuantía económica de 400 euros para o gañador, 250 para o segundo clasificado, 200 euros para o terceiro e cinco accésits de 75 euros cada un. Ademáis, outorgarase o premio especial “Alexandre Pérez Sindín” á cesta mellor adornada, que terá unha cuantía de 300 euros e unha peza de artesanía doada pola Asociación Amigos da Madeira. Todos os donos e donas das cestas admitidas a concurso recibirán un vale por importe de 20 euros.
A venda de grelos poderá comezar as oito da mañá (08.00 horas) no Mercado Municipal, xa que as cestas participantes no concurso estarán expostas aparte de cada vendedor, de xeito que a súa propiedade será anónima.
Relacionado: