A Mesa da Transición das Pontes buscará unha solución a curto prazo para o finanzamento dos transportistas

Endesa volveu refrendar o seu compromiso co proxecto de biocombustibles para a central térmica pontesa
Mesa Transición As Pontes

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ( MITECO) acolleu hoxe a terceira reunión trimestral da Mesa de Transición das Pontes, o órgano que reúne a representantes do MITECO, a Xunta de Galicia, o  Concello das Pontes de García Rodríguez, a Asociación empresarial das Pontes, os sindicatos e a compañía, Endesa, que comprometeuse a darlle unha alternativa de futuro ao complexo eléctrico pontés “con cautela e á espera de  coñecer os resultados das probas de hibridación de combustibles que se van a levar a cabo durante o mes de xullo na térmica das Pontes, a condición de que estes arroxen datos favorables”

Os membros da Mesa de Transición Enerxética das Pontes solicitaron, de novo, o firme compromiso de empresa co mantemento do emprego vinculado para establecer unha vía de diálogo cos traballadores e traballadoras das empresas  auxiliares así como cos transportistas para achegar claridade ás súas situacións.

Neste sentido, a próxima semana está previsto que o Ministerio de Transición Ecolóxica, a  Xunta de Galicia, o Concello das Pontes e a Asociación de transportistas do Carbón das Pontes manteñan unha reunión para buscar unha solución urxente ao problema de financiamento que ten o colectivo de transportistas nestes momentos.

A este respecto, o Ministerio anunciou unha liña de 7 millóns de euros da Fundación Ciudad da Enerxia (CIUDEN), ao que As Pontes pódese presentar. Segundo anunciaron desde o Goberno, aumentarase ao 50% a porcentaxe de participación de axuda da Administración Xeral do Estado para que se poida dar solucións de urxencia. Na mesma liña están a valorarse vías de financiamento adicionais para este mesmo 2020.

Pola sús banda, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, lamentou a falta de avances tras a última reunión no mes de marzo na que se pedira un plan de acompañamento para que Endesa reactivara a planta mentres se buscaban combustibles alternativos. Neste sentido, a Xunta acusou tanto al Goberno central como á propia empresa de «falta de interese» para atopar alternativas e poñer sobre a mesa novas propostas.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.