O Concello de As Pontes anunciu que mañá, venres, 29 de maio, quedará permitido o baño na praia do Lago, así como o resto de actividades recreativas. Para lograr un adecuado uso do areal, que respecte a normativa esixida polo ministerio de Sanidade, o goberno de Valentín González foromoso ideou unha parcelación da pequena praia.
O obxectivo é poder controlar o aforo co establecemento de parcelas de referencia, de distintos tamaños, para manter as distancias de seguridade, a instalación de paneis informativos coas recomedacións establecidas polas autoridades sanitarias quedarán finalizados ao longo do día de hoxe.
Desde o Concello rogaron a toda á veciñanza e visitantes «o estrito cumprimento das normas para garantir a saúde de todos o usuarios e gozar con seguridade do lago e da contorna».